jueves, 19 de abril de 2012

Home lobo galego

A historia de Galiza está chea de lendas, pero o que conto hoxe non é precisamente unha delas....Manuel Blanco Romasanta protagoniza unha das historias máis negras que gardamos na nosa terra.Naceu en Esgos no ano 1809 e, trala morte da súa muller, abandonou o seu oficio de sastre e adicouse á venta ambulante, recorrendo as vilas, bosques e camiños de Galiza, ata coñecer a fondo todolos recunchos e camiños.Visitaba frecuentemente as aldeas, polo que se fixo coa confianza dos lugarenses con certa facilidade. Un día convenceu a unha veciña dunha destas vilas para que fora coa súa filla a Santander, que alí atoparía unha vida mellor; a muller, desexosa dun bo futuro, parteu camiño a Santander con Romasanta e a súa filla, nada máis volveuse a saber da vida desas mulleres.
Cando volveu á aldea comentou polo lugar que a veciña que fora con el atopara traballo, o que animou a outras mulleres a seguir o seu mesmo camimño...e a rematar da mesma forma. Pronto comezaron os rumores do destino das mulleres e Romasanta intuiu que xa non era moi ben visto e os seus contos comezaron a circular por toda Galiza. Chegou ata Castela con documentación falsa e en Toledo foi recoñecido e posteriormente denunciado por labregos da zona, rápidamente foi detido.
No momento do seu interrogatorio Romasanta recoñeceu ata 13 crímenes, os cales cometiaporque ao caer a noite, o seu corpo tornaba en forma de lobo e obligáballe a cometer ditos asasinatos; según el isto lle ocorría debido a unha maldición que lle botaran cando era adolescente.
 Tan famosa foi a historia deste home lobo que a mesmísima raíña Isabel II condeceulle un indultopolo que lle cambiaba a pena de morte pola cadea perpetua.
Nada máis se soubo deste home que pareceu desaparecer entre os muros da prisión, xa que non hai rexistro que sinale un falecemento ou algún traslado de cárcere, pero a lenda conta que convertido en lobo logrou saír de alí, e que todavía hoxe anda vagando polas oscuras noites galegas.

Tamén está moi interesante o reportaxe do porgrama Cuarto Milenio, moito máis extenso e que conta con opinións de estudosos do tema (consta de 3 partes, só poño a primeira e se vos gusta acededes a Youtube e alí apareceren as dúas seguintes entregas):
No ano 2004 saeu a pelíula 'Romasanta.La caza de la bestia'contando esta historia,dirixida por Paco Plaza que non recibiu moi boas críticas en cant á forma de contar a historia pero, en cambio, foi moi eloxiada polo coidado que se lle deu á súa realización e ambientación, vestiario, fotografía e demais aspectos técnicos; tanto foi así que foi nominada a un Goia por mellor fotografía e efectos especiais. Deixovos a foto dunha das eseas máis recordadas da película, na que Elsa Pataky está tendo máis que palabras con Romasanta:
Un saúdo!

8 comentarios: