domingo, 18 de marzo de 2012

CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS DOS SÉCULOS ESCUROS.

Globalmente, o movimento demográfico de Galicia nestes tres séculos obedecéu a dúas tendencias de aumento e a unha de estancamento. Como resultado a poboación triplicóuse. Velaquí unhas cifras conxeturás do XIII ao XVIII:

ANO

POBOACIÓN

H./KM2

1280

476.820

16

1553

533.400

18

1591

620.000

21

1670

620.000

21

1717

1.210.000

41

1749

1.350.000

46

Entre 1450 e 1480 a poboación comenzóu a aumentar na maior parte de Europa. Este movimiento seguíu, con algunhas interrupcións temporais, ata os primeiros anos do século XVIII. Galicia estivo dentro da tendencia xeral da Europa atlántica.

Ao promediar o século XVI, o auxe atenuóuse. Na década de 1640 renovóuse o crecimiento, que se disparóu a partir de 1670, aínda que non é probable que as poboacións de 1591 e 1670 fosen iguaís. Non houbo perda de poboación en sentido absoluto no XVIII; somente perda de veciños contribuíntes. En 1594 eran perto de 125.718; no século XVII, 118.680. En toda a documentación é unánime o aumento pasivo de mendigos. Os factores desencadeantes do diverso sentido do movimiento demográfico están en relación coa produción e coa mortalidade. A mellora produtiva no XVI debéuse ao comercio esterior costeiro, que dinamizou a agricultura. Impedido este comercio polas guerras imperiaís, o teito produtivo interior mudóuse en estancamento. Co fin das guerras con Portugal veu a coincidir a introdución masiva do millo gordo, que fixo posible o novo disparo poboacional; mais pola metade do XVIII as posibilidades decaíron novamente.

Análises demográficas locaís proban o descenso da mortalidade no XVIII, dunha tasa de 35,5 por mil no XVII a 20,05 por mil a final do XVIII.

De momento, fican en pé graves dificultades para establecernos unha demografía precisa de Galicia nestes séculos pre-estadísticos. As veciñanzas do XVI e do XVIII e os primeiros censos de habitantes son pouco fiables. Os estudios de Eiras sobre a fiabilidade destes documentos para a provincia de Santiago conceden distinto valor a cada un. Eiras xulgóu correcto o 3,6 para a provincia de Santiago; na montaña lucense era, sen dúbida, moi superior. En contrapartida, o grado de ocultación obriga a sumar habitantes. A estadística proposta máis arriba, en base a datos diferentes, creo que pode eludir algo a realidade.

A poboación seguía a ser eminentemente rural; ningunha das cidades, e menos as vilas, pasaba de 20.000 habitantes. No XVI o maior número de habitantes correspondía a Pontevedra, seguida de Santiago, Ourense, Viveiro, A Coruña, Lugo, Betanzos e Redondela. Durante o XVII, as aglomeracións costeiras indefensas perderon poboación; somente medróu A Coruña, e o Ferrol empezóu a significar xa algo como cidade de realengo. A mediados do XVIII as cabezas de provincia tiñan a poboación seguinte:


Nº DE VECIÑOS

Nº DE HABITANTES

Santiago

4.504

13.952

A Coruña

2.051

6.358

Betanzos

908

2.815

Tui

903

2.799

Ourense

773

2.396

Lugo

709

2.198

Mondoñedo

626

1.941

Aspectos importantes da demografía, como a división por sectores de producción ocuparánnos ao tratar da economía. Agora cómpre consignarnos un: a emigración.

Parece imposible un estudio estadístico da emigración galega nestes tres séculos. E indubitable a esistencia dunha movilidade migratoria no XVI e no XVII. Varios miles de galegos repoboaron as Alpujarras cando os mouriscos foron forzados a abandonalas; concretamente cando os espulsóu do Estado Felipe II.

Os rexistros de saída cara a América dannos un número de galegos inapreciable. Mais é ben notoria a esistencia da emigración clandestina. Con todo, maior relevancia tivo a emigración no XVII. Para o século XVIII apreciase unha emigración con dirección a León, Castilla e Andalucía; as cifras son de 30.000 individuos anualmente, a maior parte homes, porque non faltan mulleres e nenos.

A emigración no XVIII cara a Portugal, Castilla e América foi grande. En total arredor de 300.000 individuos ao longo do XVIII. A emigración ultramariña dirixíase principalmente a Sudamérica. A partir de 1776 os gobernos españois tentaron protexer aos emigrantes galegos contra abusos nas levas militares e na navegación. Creóuse na Coruña una comisión encargada da espedición de familias ás terras do Mar de Prata. Conseguintemente, aquel porto convertéuse en centro de partida de numerosos grupos cara ao sur de Argentina, o Uruguay oriental e Brasil. Este último país atraía aos buscadores de ouro.

A emigración foi, tanto como o efecto da miseria dos sectores populares máis desfavorecidos, o indicador do desaxuste das estruturas socioeconómicas que máis chamóu a atención dos ilustrados en procura dunha reforma. Campomanes intentóu algún arranxo con propostas concretas.

5 comentarios:

  1. Parece mentria que a diferenza entre 1591 e 1670 sea nula e no 1717 varíe tanto.

    ResponderEliminar
  2. Si a verdade é que si como evolucionamos tan rápidamente, gustame moito esta entrada.

    ResponderEliminar
  3. estou totalente de acordo con Marcos...Moitos de nós tivemos antepasados que tiveron que emigrar para loitar polo futuro das súas familias

    ResponderEliminar
  4. non é moi comprensible.. Galiza era a NY daquela época en canto a densidade de poboación con respecto ó resto de España, e, por qué tanto nacemento e tanta aglomeración de xente se realmente non había nin unha cidade como quen di CIDADE jajaja

    ResponderEliminar