martes, 28 de febrero de 2012

Festa da Arribada

Esta fin de semana celébrase a festa da Arribada que conmemora a chegada da carabela "La Pinta" ó porto de Baiona anunciando o descubrimento de América. Celébrase no casco histórico da vila e trátase dunha festa medieval na que se ofrecen produtos de artesanía propios do século XV. As rúas están percorridas por músicos e xuglares e, ademáis, escenifícase o devandito momento que tivo lugar o 1 de marzo de 1493.




Déixovos aquí o link da noticia (La Voz de Galicia). E por se alguén está interesado queda tamén o programa da celebración.

martes, 21 de febrero de 2012

Novos materiais, clips e documentos

Aquí tedes o asunto que nos ocupará nos vindeiros días: a Galicia dos séculos XV ao XVIII, etapa que algúns autores denominan "Anos escuros". Neste tempo, Galicia perderá o protagonismo do medievo e afundirase nos currunchos da historia do estado español. A lingua galega só será falada polas clases mais baixas, mentres que as poderosas imporán o castelán. Tan só a fidalguía e a igrexa conseguirán un certo esplendor grazas por suposto, as rendas e o esforzo dos sufridos labregos (o 80% da poboación). A chegada do millo e a pataca de América terá unha enorme repercusión na vida cotián dos galegos deste tempo. E no século XVIII, un grupo de galegos ilustrados comenzarán a pensar solucións de futuro en clave de país. Son séculos de luces e sombras, de miserias cotiáns, grandezas en pedra (o barroco galego) e monopolio ideolóxico da igrexa coa ferramenta implacable da Inquisición. Nesta presentación toparedes moitos materiais que pretenden aportar pistas e alumear a vosa curiosidade.5. Anos escuros (XV-XVIII)
View more PowerPoint from Manolo Gonzalez
Tamen tedes a vosa disposición unha nova lista de distribución con case vinte videos sobre o tema no Canle de Youtube Recunchos da memoria. Tamén alí toparedes inspiración e material dabondo para viaxar aos tempos mais escuros da Historia de Galicia.

miércoles, 15 de febrero de 2012

A chegada da peste.

No meu pobo todos estamos moi preocupados, pois creemos que a peste negra pode haber chegado á nosa aldea! Eu só teño 8 anos, e os maiores as veces non me queren contar as cousas, pero meus pais deixaronme moi claro que teño terminantemente prohibido acercarme a familia de Ana, a miña mellor amiga. Eu estou moi triste por iso, pero parece ser que son eles os que han traido a peste á aldea, todos os rechazan, levan dias encerrados na sua casa, hai xente que pensa que xa estan mortos e queren quemar a súa casa para que a epidemia non se extenda, pero eu creo que a miña amiga Ana aínda sigue viva! eu a quero moito, e non me gustaria nada queimar a sua casa con ela dentro! pero por outra parte.. e se é certo que elos trouxeron a epidemia?.. poderia contaxiarse toda a aldea!
Eu xa oira hablar antes da peste negra, é unha enfermidade mortal, case ninguen sobrevive a ela, e xa a deixado moitos poboados baleiros e cheos de mortos.. pero nunca pensei que chegaria ata a nosa aldea, tan recondita e escondida entre as montañas!
Seguro que pensan que o pai de Ana trouxo a epidemia porque e xudio, se o escoitei a unhas señoras na praza! a min eso me parece unha tonteria, pero agora queren matar a todos os xudios! quizais por eso meus pais andan tan preocupados.. nos tamen somos xudios! pero non transmitimos ninguna enfermidade eh! estamos totalmente sans!
Congregouse unha multitude na praza da aldea, os estou vendo a traves da fiestra, como non nos invitaron? seguro que é unha reunion para decidir que facer cos xudios que haxa na aldea!
Gritos. Prisas. Carreiras. Mama chora e papa berra.
Tivemos que sair correndo da nosa casa, creo que a aldea entera cree que nos seremos os proximos que teremos a peste, pero os xuro que estamos totalmente sans! xa quemaron a casa de Ana polo camiño e cando os vimos, saimos de casa coas nosas 4 pertenencias e botamos a correr.
Nos estamos alonxando da aldea na que vivin ata agora.. alí xa non somos ben recibidos, e agora nos queda un longo camiño por diante...

Os Irmandiños.



Por Elda e Noelia!

Todo ten que ver con Compostela.

Vamos a falar da Torre de Oeste que se encontra na provincia de Pontevedra e vouvos contar o que pasaba daquela.
As costas galegas estaban mal custodiadas, os normandos ( que son invasores escandinavo,bikingos e na súa maioría daneses) repitían os ataques case todos os anos; entonces cando o monarca (Afonso V) dona a iglesia de Santiafo á Isla de Oneste para que se constuise unha fortaleza para impedir estas inscursións. Alngúns anos mais tarde sendo Don Cresconio obispo de Iria, emprendeu a reconstrucción da fortaleza, dando uns muros máis sólidos e firme estructura, levantou altas torres e construiu unha capilla dedicada ao apóstol Santiago. Asimesmo madou tender uhna grosa cadea entra as dúas orillas do río para impedir o pasa das naves.
En 1071 o obispo compostelán Don Diego Peláez edificou no Catelo Honesto un gran palacio e levantou novas fortificacións, destinadas á rechazar as acometidas dos piratas sarracenos que merodeaban polas nosas costas.
Oportunamente confiou a custodia da fortaleza á un cabaleiro da súa confianza chamado Gelmiro, padre de Don Diego Gelmírez o primeiro arzobispo de Compostela; que sería este quen máis tarde construiría as novas torres e reductos que faría a fortaleza inpenetrable.
No inicio da Idade Media foi cando esta torre se converteu nunha das fortalezas máis importantes de Galicia







A estructura do castelo, consistía nun recinto amurallado de forma elíptica con sete torres ubicadas á ambos lados que cerraban a entrado do río Ulla en dirección a Padrón, o que impedía o paso das expedicións invasoras a Compostela. Había ademáis unha gran torre que sobresaía entre as outras que foi costeada seguindo a tradición pola cidade de Lugo recibindo así o nome de torre de Lugo. As súas defensascomplementabanse co entorno pantanoso sobre o que se erguía que o convertirían nunha isla.
Na zona máis próxima á ría poden verse restos dos muros que conformaban as dependencias do interior do recinto amurallado. Aquí encontranse as dúas impoñentes torres os cmimientos doutra e a capilla de Santiago.
En frente das torres e da capilla poden verse o contorno recontruído da muralla. Dentro destes muros encontranse restos de difícil interpretación e no fondo dos restos encontrase o que pudo ser a torre de Lugo, según a Historia Compostelana.

Viaxe a Monfero

O pasado domingo fixemos unha excursión a Monfero e disfrutamos dunha boa comilona e dunha bonita visita ao Monasterio de Santa María de Monfero. Aínda que é máis entretido ver os vídeos, se queredes ter algunha idea máis sobre o Monasterio e a súa historia, deixámosvos ligazón: Monasterio de Monfero



este vídeo reflexa o ben que o pasamos facendo o traballo:

Os lobos de Moeche.



O meu nome é Martín e o que pretendo e recoller as lembranzas que vivín co meu irman., nas terras de Moeche.

O meu avó vivia na Ponte Ferreira nunca casa que el mismo fixo coas suas propias

mans,tal ponte mandouna levantar hai uns cen anos un cabaleiro bo ao que chamaban Fernán Perez de Andrade “o boo”,este home tivo descendencia o seu fillo chamabase Diego de Andrade de que no era tan ben soado como o seu pai.,tampoco se falaba ben nas terras de Moeche,onde eu me criei, doutros cabaleiros e señores como o que marcou o meu brusco destino.o Conde de Lemos.,relata as desgrazas baixo o dominio destes homes de armas.O meu irman Lapo e eu tiñamos costume de visitar ao noso avó para o que iamos caminando de Moeche á Ponte Ferreira moitas tardes, e por alí,acostumaban so señores e vasalos a cazar.

Lembro como os dous observabamos escondidos como estes soltaban os seus falcóns na procura dalgunha presa desas que segundo eles lles pertenecian por estar nos seus coutos e dominios, eran homes de armas do castelo de Moeche cuyo alcalde era vasalo daquel Conde de Lemos.

Aqueles homes que ian sempre provistos de coraza e espada, impoñian respecto e eran temidos por todos os veciños dos arredores pero o meu irman Lapo non lles tiña medo, e de feito unha vez encaurose con eles, mais non lle fixeron nada porque dician que era só un neno e dician tamén que os nenos que xogaban nas leiras non podian cos homes de armas., e logo daquel dia, cando viamos a estes vasalos cazar coas súas aves rapaces, o meu irmán dicia que algun dia se enfrontaría a eles., e eu ría e lle dicia que iso era tan fantastico como que as lebres correran detrás dos lobos. Aqueles homes non eran

do meu agrado mais era consciente de que contra eles xogabamos en inferioridade.

Entre os Andrade e o de Lemos e todos os cabaleiros destas terras, sempre habia conflictos porque nunca lles parecia suficiente o que tiñan.

Non foi a miña infancia feliz senón dura e chea de calamidades..A medida que eu medraba tamén o facia o abuso que os nobres exercian sobre o pobo e por se non fora pouco, unha peste levou ao meu pai.

Uns anos maís tarde, o meu irmán marchou a facer fortuna..Dicia que ia a vila de Betanzos onde de seguro lle agardaba un futuro prometedor lonxe daquelas terras de Moeche,,prometeunos que volveria a por nós.

Cando cumprín os dezaseis anos,non sabiamos nada da sua vida, ainda que un veciño nos dixera que estaba vivo e que o vira pola vila acompañado por xente de ben.

Entón no sabia que naqueles tempos revoltos veriamos o mundo cambiar.

Moeche 1946

Esperta Martin¡ ¡ menudo pesadelo queria loitar con esas bestas mais non sacaba forzas daban medo¡

Deixate de bestas, Martin, e tamén de pesadelos que xa bastantes temo no mundo, hoxe temos moito que facer, bebe axiña ese caldo e logo dalle de comer as galiñas antes de sacar ao boi.

Nai ¿ canto vale este boi?

Mira fillo este boi mercouno o teu pai na feira do vinte e tres, antes de morrer,xa nos teñen ofrecido moito por vendelo.é o mellor boi da bisbarra, mais non o imos vender mantres haxa pan na mesa.

Vaia vida, desde que morreu o teu pai os traballos duplicaronse, Martin. E o teu irmán pouco favor nos fixo indo a Betanzos a buscar sorte,fi máis dun ano que non pasa por casa. Nonsei o que fará por alí pero por aquí bótase de menos a axuda doutro home, meu fillo.

Eu espero que a Lopo lle vaia ben na vila.

O que tes que facer ti, e deixarte de pensar no que faga o teu irmán e a topar axiña unha moza que che dea fillos para que axuden na casa,non sei que andará facendo Lopo pero xa é grandiño, me preocupas máis ti.

Non vaiaspensar que o de atopar moza é tan doado nai.

Pois xa me dirás se non hai mozas casadeiras para un rapaz novo, forte e inteligente coma ti de seguro que terás a algunha toliña.

Xa pero non soportaría que algún vasalo deses do conde utilizase o seu dereito a pernada como fixeron coa filla do carpinteiro cando casou. Non aturaria a un deses bandidos levándose ao leito amiña esposa.

Vaia fillo e increíble velai os temos, parece que estes homes do conde teñen oido de lobo.

¡ Claro! Os lobos do pesadelo.

¿ Que hai deses cartos que nos debedes muller?

Idevos , xa vos paguei fai dez dias os nosos impostos.

¡Non des ordes harpia!

¡Bechos, malditos sexades1 ¡diexádea e batédevos cun home1

Xa escoitaches ao alcaide de Moeche, a agora a traballar ou xa vos ides esquecendo dese hermoso boi que tedes.

¿Lopo? Viñestes. Martin irmán meu sintoo moito

Pero xúroche irman,pola miña propia vida que eses bastardos pagarán.

¿Pois xa me dirás ¿

Ia levarlos a vila conmigo alí estariades a salvo dos homes do conde e teriades protección tras os seus muros.

Desde que ti te fuches nai sempre falaba de ti,por iso quero saber de onde sacabas os maravedis que mandaches

Esta ben en Betanzos coñecin a alguién que me deu traballo como soldado da vila,velamos pola seguridade dos vilans e defendémolos de homes como os que asasinaron a nai.

Vamonos de Moeche pero antes Lapo habia vendido o boi e as galiñas aun tratante, e prendeulle lume a casa ,al ver o lume os cabaleiros do conde os siguiron. o que eu pensaba, son cabaleiros do conde , o alcalde de Moeche e o do parche no ollo.

Chegaron a Betanzos e foron a unha reunión secreta era a santa irmandade formada por artesáns ,mariñeiros,fidalgos,son moitas as vilas e xentes que nos apoian

Lopo por fin de volta ¿Qué te levou a Moeche? O alcaide do castelo e un dos seus vasalos mataron a miña nai,estan facendo estragos entre as xentes e subindo os impostos..A los pocos meses de unirme a Lapo a Santa Irmandade saiu reunindo un exercito de miles de homes ,en breve espazo de tempo descubrí o que mantivo a meu irmán afastado da casa varios anos e tamén que era cuadrilleiro do exercito irmandiño que tiña como obxectivo anular a violencia señoril.

Estaba eu en Melide o día que tívemos o derradeíro xesto honorable ante os caableiros que nos afogaban.

¡¡xa bastante pagamos, ata agora, Conde de Lemos¡¡

Era a primaveira do ano 1467

Alcaide de Moeche,entregade o Castelo ou caerá pola forza,

Lopo, colle a dez homes agacharedes os muros,e encargádevos de matar aos homes que gardan o portón e abrideo.

¡¡ abaixo a fortaleza¡¡

¡¡maldito asasino, pola miña nai¡¡

Mais o do parche no ollo conseguiu escapar.

Aquela tarde levantamos o campamento,moitas fortalezas fóronnos entregadas sen ofrecer resistencia,,

foron apresados Don Diego de Andrade e outros escondéronse nos montes.

En tan só dous anos o noso exercito conseguira o impensable,o erro que cometemos despoís foí non poñernos de acordo en como administrar a xustíza,o rei de castela abandonou a nosa causa, agora apoíaba aos lobos.

A tensión medraba entre os nosos líderes e os axustes de contas sucedíanse por vilas e aldeas,

No ano 1469, dous mas tarde de que comenzara a revolta, os nobres xa tiveran tempo dabondo para reunir un novo e fortalecido exercito,as diferenzas esquecéronse porque agora todos tiñan un enemigo común a Irmandade.

A Martin volveulle a ímaxe daquel pesadelo que me atormentaba,o final daquel mal sono, o conde mascaba almas, os lobos volvían a ser os donos ,as vilas ulían máis a podre que nunca.ïntentamos plantarlles cara nunha derradeira batalla en Castro Gundían.

Apresaron a Alonso de Lanzos que nunca máis volveo a ver a luz, os dous irmáns fuxirón,pero Lapo empeñouse en pasar de novo pola nosas antigas terras,onde tiña algo agochado nun lugar que coñeciamos ben.

¿Lembras cando xogabamos por aquí de pequenos?.Aqui están os meus aforros e os cartos que nos deron polos animais, con isto chegaremos a Francia sen problema.

Mira alcaide¿non vos sonan eses dous?

Colle os cartos e fuxe Martin.

Xa chegamos lonxe ,antes que Irmandiños somos irmáns.

Aquela noite corrín o que nunca correra deixando a Lapo alí,loitando con aquelas bestas de guerra, nunca tanto chorei como cando descubrín o auténtico final daquel sono que dous anos antes tivera.Pensabamos que podíamos ser tan lobos como eles pero tiñamos que seguir sendo lebres,pola desigualdade que a algúns nos toca vivir.


Pontedeume (Noelia e Elda)

Nestes videos de Noelia e Elda podedes observar unha pequena historia sobre a orixe do xardín de Lombardero (Pontedeume) e sobre a rúa Irmandiños, na mesma vila.

martes, 14 de febrero de 2012

Santo Grial galego?

Resulta que na Idade Media hubo unha historia que percorreu todo o reino, que dicía que o Santo Grial (cáliz do que bebeu Xesucristo na última cea) atopábase en Galiza! Explícovos un pouco...debemos situarnos no primero pobo de Galiza do Camiño de Santiago chamado O Cebreiro. Bueno pois resulta que un día houbo unha nevada tremenda, e o monxe (ao parecer home de pouca fé) que oficiaba a misa non se esperaba que ese día subise naide,pero de repente apareceu un campesiño e murmurou: "¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, e expoñéndose a morrer no camiño, só para prostrarse ante un pouco e pan e viño..." , o cura ficou abraiado ao ver que a hostia convertiase en carne e o viño en sangue. Contase que despois diso, desmaiouse e o campesiño correu a atendelo, pero o home xa estaba morto. Xa puxen entre parentese que o home era ó parecer de pouca fé, porque a xente dicía que o 'milagre' aconteceu para darlle unha lección ao monxe.
Tan coñecida foi a historia, que en 1486 os Reis Católicos peregrinaron e doaron o relicario no que de hoxe en día amósase o cáliz:






E aquí vos deixo, con outra posible, e recalco posible historiera....jajaja si, Manolo, vai por ti, que ainda que perda o bus e non chegue pra ir á clase ben me contaron que falaches (e non moi ben) da miña entrada do xogo da oca jajaja.
Ata mañá xentiña!Espero que tiverades un bo Día de San Valentín.